sábado, 29 de dezembro de 2012

Axendas

Mentres o Concello está sometido a un Plan de Axuste, ata o 2022, por mor do préstamo de 1,7 millóns de euros que o goberno municipal tivo que pedir para o pago a proveedores.
 Mentres o Sr. Guitián pagou no ano 2012 máis de 2 millóns de euros de gastos con informes desfavorables da Intervención Municipal.
Mentres o Goberno Municipal perdeu 1 millón de euros en subvencións concedidas por falla de xestión e tramitación.
Mentres non hai cartos para comedores escolares, emerxencia social, becas ou axudas para material escolar.
Mentres nos orzamentos do 2012 houbo unha reducción do investimento municipal de preto do 90%.
Mentres todo esto ocorre, o Sr.Guitian segue na súa carreira cara ao despilfarro e o descontrol do gasto público. Hai agora o 1 ano o Sr.Guitian ordenou a compra de axendas para agasallo. A broma custoulle ao erario público 1.300 €. O Grupo nacionalista devolveu as axendas e denunciou publicamente a súa compra innecesaria. Este ano, o Sr.Guitian volve a realizar este gasto absurdo e inutil e que lle vai custar á economía do Concello 1.570 €. Resulta unha broma de mal gusto que un Concello como o de Gondomar coas graves deficiencias de todo tipo que ten, con máis de 1.500 parados, coa suba do IBI, do recibo da auga e instauración da taxa do lixo a partir do 1 de xaneiro de 2013, e co mantra do PP de que hai que reducir gasto público, o Sr.Gutián despilfarre 1.570 € na compra de axendas para regalo. Por certo outro estupendo negocio entre amiguetes por conta e a conta do diñeiro público. Veremos con que cara o Sr.Guitian négalle a un veciño unha prestación coa escusa de que non hai cartos.

Sem comentários:

Enviar um comentário