O pasado día 13 de setembro, o Pleno da
Corporación municipal, aprobou a reducción das Retribucións totais do persoal
corporativo con adicacións e das asignacións por asistenza a órganos
colexiados.
Os motivos aducidos polo goberno municipal
foron: que ante a actual coxuntura económica e a necesidade de reducir o
déficit público, “O grupo de Goberno de Gondomar adopta unha decisión que
avance na optimización e uso eficiente dos recursos públicos, tratando de
trasladar o menor impacto aos cidadáns que a actividade política poida xerar”
Lembraba tamén o goberno municipal de Gondomar
que as medidas propostas tiñan caracter temporal soamente motivadas polas
circunstancias excepcionais como as actuais, “quedando supeditada a súa
vixencia á permanencia do difícil contexto económico actual, que afecta á
sostenibilidade das contas públicas”.
As boas intencións duraron menos de tres
meses. Pasados so tres meses dende a adopción desta medida, o goberno municipal
de Gondomar decide deixala sen efecto e levará ao próximo Pleno do día 5 de
decembro, a restitución das retribucións totais do persoal corporativo con
adicación (lembremos que neste goberno de 9, 6 cobran adicacións: Alcalde
Sr.Guitian, Tenente de Alcalde e concelleira de economía Sra.Salgueiro, Concelleiro
de Obras Sr.Salgueiro, Concelleiro de Urbanismo Sr.Lameiro, Concelleiro de
Servizos Sr.Camesella e Concelleira de Educación Sra. Bouzos.
E esta medida fana con ocultación e alevosía
xa que a proposta da Alcaldía que levan a Pleno ten por título: “Proposta da Alcaldía sobre retribucións das
asignacións por asistenza a órganos colexiados da Corporación”. Por ningún lado
aparece a restitución das adicacións do goberno municipal que logo si aparecen
no texto da Proposta.
Pasadas as eleccións ao Parlamento de Galiza
xa non hai que seguir co paripé.
Mentres para a OCDE o ano 2013 será peor que o
2012, cunha taxa de parados que superará os 6 millóns de persoas, cunha forte
caída do PIB e un incumprimento do déficit e un aumento da débeda.
Mentres seguen os desafiuzamentos, os recortes
en ensino, servizos sociais e dependencia e as privatizacións en sanidade.
Mentres os axustes e recortes son cada vez
máis duros, para Goberno municipal do PP
xa pasou a crise. Dixo Feijoo que a saída da crise empezaría por Galiza, agora
sabemos onde, en Gondomar.
Con esta medida o goberno municipal da a xusta
medida da súa altura política e ética pública e do seu compromiso e
solidariedade coa cidadanía.
Esta proposta é unha burla e unha estafa á
cidadanía que non se debe consentir. O grupo Municipal Nacionalista votará en
contra desta proposta da Alcaldía e anima aos veciños e veciñas de Gondomar a que
manifesten o seu malestar e indignación a través da web do Concello deGondomar.
Podemos e debemos paralos.
Sem comentários:
Enviar um comentário