sexta-feira, 14 de dezembro de 2012

Os Recortes e as Privatizacións Matan

A morte dunha percebeira en Sta. Mª de Oia pola falta de auxilio do helicóptero Pesca I, con base no Aeroporto de Peinador, ao tardar este 40 minutos en chegar ao sitio do accidente, vén a deixar moi ás claras as consecuencias dos recorte e das privatizacións de servizos públicos básicos nun país mariñeiro coma o noso.

Agora pode aforrar o Sr. Feijoo as declaracións grandilocuentes e os anuncios de que se investigarán as causas deste fallo, ou a creación de comisións de investigación que para o único que serven é para encerellar o asunto e que ao final ninguén asuma responsabilidades.

Queda claro que se o servizo de salvamento non estivese privatizado e o persoal do mesmo fixese as guardas na base, hoxe non estaríamos lamentando a morte dunha muller traballora na nosa Comarca.

Dende a Coordinadora Comarcal do Val Miñor-Oia de ANOVA, preguntámonos cantas mortes máis precisará o Sr. Presidente da Xunta e o PP para restablecer o servizo de salvamento marítimo con garantías para as persoas que traballan no mar. Asemade, aprobeitamos para informar á opinión pública, que apartires de xaneiro o servizo do GRUMIR que xestiona a Mancomunidade do Val Miñor, volverá a estar baixo mínimos (polo fin de contrato dos efectivos non fixos) e polo tanto na práctica con case nula capacidade operativa.

Dende ANOVA esiximos un GRUMIR operativo todo ano, que poida atender e axudar, incluso en situacións semellantes á acontecida en Oia. Por todo isto esiximos a dimisión da Conselleira do Mar, responsable en grande medida de permitir a privatización do servizo de salvamento así como de outros que teñen que ver con situación de emerxencias en tera: extición de lunes, etc. E por último, solicitamos publicamente a actuación da Fiscalía para que os responsables directos , políticos ou non desta actuación, teñan que responder perante a Xustiza.

Sem comentários:

Enviar um comentário