sexta-feira, 14 de dezembro de 2012

Coches Avariados

A policía Local estivo durante máis de tres meses funcionando cun coche de  “camuflaxe”, coche sen ningún tipo de distintivo da Policía Local, ilegalidade evidente, perigo para os axentes derivado da falla de identificación do coche no que patrullan. POLICIA LOCAL.

Denunciado este feito e despois de ter desperdiciado a ocasión para conseguir un de balde, a través da Xunta de Galicia, o Sr. Alcalde decidiu mercar un polo procedemento de renting. Con Informe contrario de Intervención xa que dita adxudicación foi feita por adxudicación directa, procedemento totalmente prohibido pola Lei de Contratos do Sector Público. O prezo deste contrato foi de 56.640, en 48 pagos. Hoxe o coche da Policía esta dende hai unha semana estropeado, a empresa de renting non puxo en coche de substitución a disposición do Concello e a Policía Local, anda cun antigo coche de Concello, cunha simple pegatina identificativa na porta lateral dianteira. Vamos, un coche de “semicamuflaxe”, depende de por onde o mires o identificas ou non cun coche da Policía Local.

De novo a inseguridade tanto para os axentes como para os cidadáns. Hai menos de 1 mes o Concello procedeu a pór en circulación previo pago de dous coches para Vías e Obras. O informado pola Intervención do Concello resumiase en: merca de coches sen garantía de concurrencia, sen procedemento algún, sen acreditar a empresa a habilitación profesional necesaria, con ausencia e irregularidades no proceso de contratación e sen control da legalidade das condicións da merca dos dous vehículos. O Sr. Alcalde pretende a tramitación urxente do expediente para o pago da factura sen que exista fundamentación ou xustificación algunha para este trámite preferente que transgrede a Lei 30/92 de Procedemento administrativo común.

Se ademais temos en conta as características dos vehículos mercados: un todo terreo do ano 2003 que é o que costou 12.000€ e unha furgoneta Combo 1007 diessel do ano 2005 que costou uns 3.150 €. Se temos en conta que estes coches non teñen ese valor e como dato a salientar que o todo terreo o ano que vén terá 10 anos e hai que pasarlle a ITV cada 6 meses, é dicir aos 10 anos os vehículos industriais perden o seu valor.

Os coches mercáronse entre xuño/xullo e dende entón estiveron parados. O 26 de outubro prodúcese o levantamento por parte do Sr.Guitián do reparo ao pago feito pola intervención do Concello, e días despois póñense a disposición do Servizo de Obras do Concello. Agora sabemos o porqué da tramitación urxente para o pago ordenada polo Sr. Guitian, había que pagar os coches antes de que deixaran de funcionar. Nesta semana a un deles (a furgoneta Combo 1007 Diesel) tivo que vir un guindastre a levalo ao taller. Menos dun mes de servizo e xa ten que afrontar a súa primeira avaría. Tiña algún tipo de garantía postvenda o vehículo agora avariado? Exercerá o goberno municipal algunha acción por esta causa? Ou todo vai quedar noutro negocio redondo para algúns a costa e por conta das arcas municipais do Concello de Gondomar.

Medo da pensar o custe do paso pola ITV destes vehículos cada 6 meses no ano 2013. Outro exemplo máis da racionalidade e control do gasto público por parte dun goberno que acaba de subirse o salario no pasado Pleno do día 3. O goberno do Sr.Gutián, un diaño sobre rodas para a economía do despilfarro do Concello.

Sem comentários:

Enviar um comentário