quarta-feira, 19 de dezembro de 2012

Anova do Val Miñor a favor do Consumo Responsábel e de Proximidade

ANOVA do Val Miñor vén de iniciar unha campaña a prol de protexer o pequeno comercio e a produción local, solicitando da veciñanza do Val Miñor que pense ben o que compra e a quen llo compra. Para iso propoñemos que as compras do Nadal, para as celebracións familiares ou os agasallos, sexan mercados en pequeñas empresas e comercios tradicionais; a traballador@s autónomos, a artesáns da nosa Comarca, ou a agricultores que venden a súa propia produción, etc. Esta pode ser unha alternativa para sairmos da crise social provocada polos bancos e as grandes corporaciòns multinacionais, facendo que o diñeiro chegue directamente ás persoas máis próximas. Hoxe sabemos que por cada emprego nunha grande superficie pérdense seis no comercio tradicional da súa área de influencia.

Por outra banda e a maiores disto tamén pedimos que cando vaiamos pagar, na medida do posible, paguemos en metálico, evitando o beneficio de bancos e corporacións financeiras por seren os causantes da crise e porque debido ás abusivas comisións que cobran seguen a engordar a nosa conta.

Por último dicir que esta campaña que ANOVA leva adiante no Val Miñor, consiste no reparto polos comercios da Comarca de máis 1000 cartaces apoiando a compra no pequeno comercio, máis de 4000 folletos explicando o porqué desta campaña e 3000 adhesivos solicitando o mesmo, nas Redes Sociais, etc. Asemade, queremos manifestar o apoio mostrado polo comercio miñorano por esta campaña, o que nos fai pensar que foi acertada defender un sector que está sendo castigado con dureza pola actual crise e polas poucas axudas dos gobernos do PP, ben sexan do Estado, da Xunta ou dos propios Concellos do Miñor.

1 comentário:

  1. É de supoñer, pois dou por suposto que ANOVA non recomenda a merca en estabelecimentos que non secunden as folgas xerais, que ista recomendación e só dirixida cara ao fomento do comercio naqueles locais que ficaron pechados na derradeira folga xeral.
    Digo que é de supoñer, que xa é bastante supoñer.

    21 de Dezembro de 2012 06:41

    ResponderEliminar