O Goberno Municipal de Gondomar e
o Goberno da Xunta por medio de Augas de Galicia (ámbalos dous do
PP), semellan que andan á competencia a ver quen lle fai máis dano
ao Río Miñor. E abofé que non han tardar moito en acabar con el
senón llelo impedimos.
Sen entrar nos aterramentos
ilegais que tanto dano fixeron e que son a causa principal dos
asolgamentos que padecemos cada inverno, este verán Augas de Galicia
iniciou as obras dun suposto Tanque de Tormentas que na práctica
non é máis que un “pozo negro” descomunal para recoller as
augas fecais de medio Gondomar e bombealas á depuradora de Donas.
Como todo mundo sabe queren poñelo case no centro da Vila, a carón
das vivendas, e ocupando un espazo público á beira do Río Miñor,
e como o proprio proxecto indica ten un punto de saída para verter
directamente ao río cando o “pozo negro” estea colapsado.
Seguindo coas desfeitas, no mes
de xullo dende ANOVA denunciamos a existencia dun ante-proxecto de
paseo fluvial duns 600 metros de lonxitude augas abaixo da Ponte de
Mañufe, con asfaltado e faroles incluidos. Grazas á denuncia quedou
en nada pero, agora volven ás andandas e augas arriba da devandita
ponte ( a 20m.), e ás agachadas, acaban de facer dous treitos de
paseo fluvial (aprox. 400m en total) que para asombro de propios e
estraños foron construidos a base de entullos de obra moídos e
sobre todo con restos de asfalto, resediduos moi contaminantes e que
en ningunha parte do mundo civilizado se lle ocorrería semellante
uso………….Menos en Gondomar, porque o respecto á Natureza e ao
Medio Ambiente é algo que non está nos principios ético-políticos
de quen nos goberna neste momento.
A maiores do perigo que isto
sopón para a ecoloxía do Río Miñor, bastante deteriorada, a obra
do devandito paseo é unha chapuza de dimensións considerables, pois
trátase dun compactado dos devanditos entullos duns cuns 30cms de
altura sobre a rasante natural do terreo o que fará que a primeira
enchente leve todo por diante ou, mentres isto non ocorra os campos
de cultivo quedarán encharcados sen poder desaugar e polo tanto
inservibles para o cultivo.
Non cuestionamos a necesidade do
paseo, ao contrario, incluso podemos admitir que está feito polo
lugar correcto pero, debe ser construido con respecto: en xabre
compactado e ras do chan e usando materias naturais, e dende logo
respectano a vexetación autóctona da ribeira .
Por último, dicir que dende
ANOVA pediremos explicacións por este asunto no vindeiro Pleno, a
Augas de Galicia e se é necesario no Parlamento Galego ou
mesmoacudir á Fiscalía. A responsabilidade destas obras ténse que
saber. Quen as realiza, se teñen os permisos e os informes
preceptivos do organismos de medio ambiente, etc. Ten que lle claro
a quen corresponda, que non imos permitir que Gondomar se converta
nun vertedoiro de entullos encuberto.
Sem comentários:
Enviar um comentário