O Goberno do Estado no seu afán recadatorio pola necesidade de
recursos, unha vez máis recorre aos de sempre. Primeiro foi
recortando en servizos e prestacións aos máis débiles, despois
foron os funcionarios, o “repago” nos medicamentos e, ollo que
xa anuncian rebaixas nas pensións……. E agora tócalle ás
persoas retornadas da emigración que cobran unha pensión do
extranxeiro, ou mesmo lle pode tocar aos mariñeiros embarcados en
compañías extranxeiras ou tamén aos traballadores de compañías
españolas que sairon ao extraxeiro a facer traballos para esas
empresas. Unha vez máis quedan “a salvo” a Banca, as grandes
fortunas e as SICAVS, os clubs de fútbol para os que non hai
problemas de finanzamento, a Igrexa, os defraudadores que teñen os
cartos en paradisos fiscais, os que cobran sobre-soldos en A ou en B,
etc, etc, etc.
Milleiros de galeg@s (a cifra de afectad@s inicialmente pode pasar
dos 50.000) que pasaron máis de media vida na emigración, ou
traballando no extranxeiro e aforrando para axudar ás familias que
deixaran atrás, e que grazas aos envíos dos seus aforros en divisas
axudaron a “levantar o País”, o País de outros porque esas
divisas nunca se investiron en Galiza para criar riqueza na
NosaTerra. Pois ben, agora son novamente expoliados por un Estado que
nunca fixo nada por eles, e porriba dálles o mesmo trato coma se
fosen defraudadores fiscais pero sen dereito a amnistía ningunha.
Pódese dicir que estamos diante dunha nova estafa semellante á das
Preferentes, por certo, moitas destas persoas volven a ser vítimas
de novo. A diferenza está en que neste caso é a propia Facenda
Pública e o Goberno do Estado quen promove directamente este engano.
Non ten outro cualificativo xa que a moitas destas persoas foi a
propria Axencia Tributaria quen lle informou que as súas pensións
do extranxeiro estaban libres de retencións ou tributacións no
IRPF. Por non falar da discriminación existente con respecto aos
pensionistas do Estado, pois mentres estes teñen a barreira en
22.000€, os emigrantes téñena en 11.200€ por considerar Facenda
que teñen dous pagadores. Que pasou cos convenios bilaterais con
países como Alemaña que deixarían exentos de pago aos emigrantes
no país xermano?.
Agora de súpeto a Axencia Tributaria, non só lles esixe o pago
atrasado dunha débeda que descoñecian, senón que ademais
sanciónaselles de xeito improcedente xa que non existe principio de
culpabilidade. Os requirimentos de pago das devanditas débedas e
sancións, incluso con ameazas de embargo xa están chegando, e
nalgúns casos estamos a falar de ter que pagar 20.000€ en 15 días.
Resulta evidente que Gondomar non é un concello alleo a esta
problemática, non hai máis que botarlle unha ollada ao CERA para
ter unha idea da importancia que a emigración tivo, e aínda ten,
para o noso Concello. Quen non ten un familiar, un amigo ou un veciño
fóra de Galiza? …..E segue emigrando xente moza ao estranxeiro.
Por todo isto, proponse ao Pleno a aprobación da seguinte proposta:
A Corporación Municipal de Gondomar acorda dirixirse ao Goberno
do Estado e aos resposables da Facenda Pública; ao Goberno Galego; á
Mesa do Congreso dos Deputados e á Mesa do Parlamento Galego, para
solicitarlles que paralicen canto antes este abuso contra os nosos
emigrantes, e para que habiliten as fórmulas legais máis acaidas
para resolver definitivamente esta situación, con xustiza e co
respecto debido que as persoas emigradas merecen.
Sem comentários:
Enviar um comentário