José María Castellano, Presidente
Executivo de NCG BANCO, S.A., vetado en INDITEX por deslealdade co seu antigo
xefe Amancio Ortega, non está lexitimado para seguir dirixindo os destinos de
NCG BANCO por ser o impulsor dunha folla de ruta encamiñada a poñer a este
Banco nas mans dun fondo de investimento americano (Guggenheim Investment, segundo
noticias dos xornais) que sabemos ten a
sede oficial na 57 Avenida de Nova Iorke. Tamén sabemos que os
investimentos no extranxeiro deste fondo non están garantidos polo Goberno de
Estados Unidos e que algúns dos seus executivos proceden da desaparecida
Goldman Sachs.
Polo tanto temos dereito a pensar
que algún dos condicionantes da posible venda sexa a permanencia do actual
equipo de Dirección do Banco.
Bruxelas, no seu Memorandum de Entendemento (MOU) fixa de
prazo ata 2017 para o saneamento de NCG BCO e para a devolución de cerca de
9.000 millóns de euros recibidos para sacar a flote este Banco.
Nestes momentos o Bco de
Santander, BBVA e Caixabank están facendo o “paripé” para simular un interese
que non teñen na compra deste Banco. Os
tres Bancos están soportando políticas de adelgazamento dos seus balances, seguen
despedindo empregados e suprimindo sucursais. Os tres Bancos manteñen a súa
política de estrangulamento de particulares, autónomos e pequenas empresas
impedindo o seu acceso ao crédito, non hai máis que preguntárllelo ás Asociacións
de Comerciantes e da Pequena Empresa se atopan nestes momentos o apoio
financeiro que precisan.
Os Sres. Castellano e Feijoo
están vendendo a idea de que NCG BANCO está saneado o que pode atraer novos
investidores capaces de recomprar ao FROB a súa participación.
O Sr. Feijoo non pode presentarse
a unha reelección despois de axudar a deslocalizar a sede social de NCG BANCO e
por iso prefire un Fondo de Investimento americano non sometido ás normas do
Banco Central Europeo.
Alberto Núñez Feijoo foi quen
colocou ao Sr. Castellano na Presidencia de NCG BANCO e agora non pode defraudalo.
O Sr. Castellano presentouse como
solución a todos os problemas cargado de promesas de atraer pola súa cara
bonita unha chea de millóns en pouco tempo.
Eso sí, faltoulle tempo para enganar,
con balances falseados, a 17 empresas de capital galego que hoxe reclaman por
vía xudicial o diñeiro investido.
Era o ano 2010 e os “amigos investidores
americanos” non aparecían por ningún lado. Por que non aparecían? Porque
querían garantías.
E esa foi a tarefa dos Sres.
Castellano e Feijoo: mandar á rúa a milleiros de traballador@s, pechar
sucursais non rendibles que en moitos casos cumprían un papel fundamental como
elementos de fixación dunha poboación dispersa, sobre todo no rural galego.
Puxeron en marcha un proceso de
Arbitraxe para a devolución de Preferentes e Subordinadas totalmente opaco que
intentaba diminuir o problema social causado pola venda de produtos tóxicos
intentando así desmobilizar a 80.000 clientes estafados por toda a xeografía
galega que, por certo, tiveron e teñen un comportamento exemplar durante todo
este tempo reivindicando os seus dereitos. Este proceso de Arbitraxe debe
someterse a unha auditoría con presencia de representantes do Parlamento Galego
para que non queden dúbidas sobre a limpeza das decisión tomadas en presencia
do Instituto Galego de Consumo.
Os Sres Feijoo e Castellano
pensaban que o proceso de “canxe ou quita” ía parar a marea de protestas e
equivocáronse.
A mayoría dos xuíices,
coñecedores das malas prácticas utilizadas no deseño e venda destes produtos
emiten unha e outra vez sentenzas a favor dos clientes. Tanto a CNMV como o
Banco de España e o FROB son coñecedores neste momento de que tanto Caixa
Galicia como
Caixanova, coa colaboración de
IBERCLEAR, sociedade depositaria da Central de Valores Española, non reflectiron,
desde o inicio da comercialización dos produtos tóxicos, os seus valores reais
de mercado o que supón que moitas Declaracións de Patrimonio e outros Impostos
(Sucesións, Donacións, etc) tributaron no seu día en base a cantidades que non
reflectían os seus valores reais a finais de cada exercicio fiscal.
Saneado o Banco a conta dos
contribuintes existe liquidez para devolver o diñeiro estafado. Pero hai un
problema: as condenas en costas supoñen un gasto excesivo.
É no mes de Agosto cando o Sr.
Feijoo, o Sr Castellano e o Poder Xudicial pactan unha ampliación da arbitraxe
á galega. Inventan un novo sistema no que poidan resolver unhas ducias de casos
mediante un proceso de conciliación xudicial que evite o pago das costas dos
xuizos. Un novo intento de reducir a presión social sen resolver o problema.
Unha solución de “trileros” para non dar o brazo a torcer e escaquear a
devolución do 100% do diñeiro expropiado. Diante de Bruxelas non é unha
continuación da arbitraxe, é un amaño de mal pagador. Por certo este “bombazo
informativo” segue despois dun mes do seu anuncio sen concretarse nun protocolo
por escrito que sexa coñecido por todos.
A maquinaria de Marketing está en
marcha:
NCG BANCO declara un beneficio de
21,2 millóns de euros no primeiro trimestre.
NCG BANCO obtén 67 millóns de beneficios, antes de impostos,
no primeiro semestre.
En Setembro elímínase a “clausula
suelo”
Véndese EVO BANCO, unha marca
comercial creada só para captar fondos, a un Fondo de Investimento americano: a
súa primeira medida é reducir o salario aos seus empregados.
Operación venda:
Quen é o Fondo Guggenheim?
Este fondo agrupa a outros
fondos: AC FLOWERS, ANCHORAGE, ELLIOT, WL ROSS, GUGGENHEIM INVESTMENT, etc. E só
sabemos que ten a sede oficial na 57 Avenida de Nova Iorke e que no seu equipo
de Dirección conta con antigos executivos da desaparecida Goldman Sachs como
saben un dos emporios financeiros, xunto a Lechman Brothers, provocadores da actual crise financeira
mundial.
Por que hai que vender NCG BANCO
agora e non BANKIA?
Un Banco declarado sistémico é un
Banco que non debe desaparecer por motivo ningún e que hai que protexer.
A declaración de “BANCO
SISTEMICO” é competencia do Consello de
Estabilidade Financeira (FSB- Financial Stability Board) con sede en Basilea
(SUIZA). Dentro do Estado soamente BBVA e Banco de Santander están incluidos
nesa clasificación a nivel mundial. Intereses político-financeiros están
declarando extraoficialmente a BANKIA como Banco Sistémico.
O Ministerio de Economía e
Competitividade, o Banco de España e o FROB, poden sumar, se queren, a NCG
BANCO como Banco sistémico. Galicia non pode quedar sen un Banco que conta cunha
cota de mercado de cerca dun 50%.
Por todo o exposto proponse ao
Pleno a adopción do seguinte acordo :
Dirixirse por escrito ao Sr. Presidente da Xunta de Galicia nos
seguintes termos:
1. Solicitar facilite aos representantes no
Parlamento Galego o caderno de vendas que fixa o valor de NCG BANCO no momento
actual e que concreta os créditos fiscais da operación.
2. Solicitar ao FROB a PARALIZACION DA VENDA
DE NCG BANCO mentras non se devolva o 100% do diñeiro expropiado aos
aforradores que contrataron Participacións Preferentes e Obrigas subordinadas.
3. Solicitar que o FROB manteña o horizonte de
2017 requerido por Bruxelas para o saneamento total do Banco.
4. Iniciar o estudo da conversión de NCG BANCO
nun BANCO PÚBLICO GALEGO como única alternativa para que o financiamento chegue
a particulares, empresas ou Concellos e para que se recupere a Obra Social
tanto en investimentos referidos á economía produtiva como ao apoio á cultura,
sanidade ou ensino.
5. Ordenar unha Auditoría de todo o proceso de
Arbitraxe, con presencia de representantes das forzas políticas representadas
no Parlamento Galego.