Galiza ten o 7,7 % da
superficie forestal do Estado e ocorren o 45% dos incendios. O factor
diferencial evidentemente non é o número de incendiarios. Ten causas
estruturais evidentes como afirman todos os expertos. Ausencia de ordenación do
territorio, desertización do rural, aposta por un modelo baseado na trituración
de madeira de baixa calidade, baixo valor e por tanto baixa rendibilidade do
monte, etc.
2
O PP que gobernou 27 de 32
anos de autonomía, é o principal responsable da situación do rural e do monte
galego. A ausencia de políticas de viabilización do rural do PP son as
principais causantes da lacra do lume.
No 1992 apróbase un Plan
contra incendios, consensuado por todas as forzas do Parlamento, para desenvolver
unha política integral do monte que tivera en conta todos os obxectivos antes
expostos para mudar as condicións estruturais que causaban os lumes e que
impedían a explotación rendíbel do monte.
A consecución destes obxectivos
debería de ser que cada vez se gastase menos en extinción e máis en prevención.
Pois ben, sucede ao contrario: a única política do PP é a extinción, a
manipulación, e a mentira. O único argumento é que a culpa é dos incendiarios,
tratando de desviar a atención da súa ineptitude. ”Cómo si un ministro de
Interior lle bota a culpa do aumento da delincuencia aos delincuentes”.
3
Aínda así, e a pesar de que todos os anos se
gastan unha media de 90-100 millóns de euros en loita contra incendios, o
operativo é cada vez menos profesional, menos eficiente, menos coordinados, e
voltamos ao sistema caciquil de contratación nos concellos.
Ate 11
entidades/organismos/empresas diferentes poden actuar nun lume. Seaga,funcionarios
Xunta, Tragsa, brigadas municipais, UME, Protección civil, bombeiros públicos,
privados, etc...Éste ano non se realizaron practicamente traballos de
prevención xa que os que o tiñan que facer foron contratados na súa maioría en
Agosto.
Feijoo, Rosa Quintana, son
uns sinvergoñas (saben que o que din é mentira), mentireiros (trucan os datos)
e manipuladores (queren por o foco só en quen prende o lume) cando fan eses
discursos triunfalistas. Non asumen a súa responsabilidade nos lumes, cando
estando na oposición tiveron un comportamento “canalla” na utilización dos
lumes como arma partidaria ( lembremos a famosa foto da mangueira).
4
ANOVA manifesta que so cun cambio profundo nas políticas do
rural terá solución a lacra dos lumes. Revitalizar o rural evitando a
desertización, ordenar o territorio, encamiñar o modelo cara un monte cunha
funcionalidade múltiple, e cara a explotación de madeira de alto valor
engadido. Se o monte deixa de ser un problema para ser percibido pola poboación
do rural como unha oportunidade, mellorará substancialmente a situación (as
zonas onde o monte é rendíbel arden menos ou non arden).
Incrementar o esforzo en prevención (un exemplo do que non se debe de facer é retirar
as subvencións ás razas autóctonas que serven para pastorear no monte) e
promover a educación ambiental na poboación e camiñar cara un modelo de
extinción profisionalizado e simplificado, evitando a multiplicidade de entes.
Galiza 2 de setembro de 2013
Sem comentários:
Enviar um comentário