sábado, 2 de fevereiro de 2013

A Construcción do Novo Centro de Saúde de Gondomar

O anteproxecto redactado e aprobado polo SERGAS no ano 2009-2010, durante a Alcaldía de Antonio Araúxo, tiña un orzamento de execución material de 2.155.200 € e de licitación de 3.128.057,28 €
No pasado pleno de xaneiro, dende o grupo nacionalista, fixémoslle un rogo ao alcalde para que solicitara da Xunta e do SERGAS que non levase a cabo os recortes previstos no novo centro de sáude que pretenden construir en Gondomar, e que se mantivese o proxectado, deseñado e acordado cando a Alcadía de Antonio Araúxo no ano 2009. Pola importancia do asunto e para que toda a Corporación Municipal de Gondomar se posicione ao respecto, presentaremos unha moción no pleno do vindeiro 7 de febreiro neste sentido, pois entendemos que unha cuestión tan importante non pode ser allea aos representantes públicos dos cidadáns. A veciñanza de Gondomar ten dereito a contar cunha atención médica primaria de calidade, e isto comeza por ter un espazo axeitado onde @s profesionais da sanidade pública poidan exercer o seu traballo con comodidade e cos medios necesarios en espazos suficientes. Onde as persoas usuarias dispoñan de espazos dignos para seren tratadas, atendidas ou, para estar cómodas mentres agardan polas consultas. Para que se cumpran estas condicións, dádo o medre demográfico do noso municipio nos últimos anos que deixou pequeo o actual centro de saúde, é necesario que o deseño do novo centro non hipoteque a implantación no mesmo de novas consultas, novos servizos médicos e de enfermería, etc.

Pois ben, dádo que Xunta de Galicia recolle nos seus orzamentos para o ano 2013 só 1.138.305 € para a construcción do novo centro de saúde de Gondomar, e tendo en conta que o anteproxecto redactado e aprobado polo SERGAS no ano 2009-2010 tiña un orzamento de execución material de 2.155.200 € e de licitación de 3.128.057,28 €, correspondentes a unha superficie construida de 2.128,15 m2 e a unha superficie útil de 1.831,95 m2, resulta evidente que o novo proxecto será reducido en superfies e prestacións de maneira proporcional ao recorte económico producido.

Polo tanto, non tería sentido nin se entendería pola cidadanía, a construcción dun novo centro de saúde máis pequeno ou igual co actual, con todo o que iso conleva de renunciar a novas consultas médicas, de enfermería, de pediatría, dun espazo axeitado para as extraccións de sangue, para almacéns, etc. Por iso ímoslle proponer ao Pleno o seguinte ACORDO:

A Corporación Municipal de Gondomar acorda instar ao Goberno Municipal para que se dirixa á Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia e ao SERGAS, co obxecto de solicitarlle que o proxecto e a construcción do novo centro de saúde de Gondomar, non sufra recorte ningúnn, e como mínimo manteña as superficies e os servizos recollidos no ateproxecto do ano 2009-2010. 





1 comentário:

  1. Parabéns pola información. Senón fose por vós ninguén falaría deste problema.......e grazas aos concelleiros/as de ANOVA polo seu traballo incansable a prol da xente de Gondomar. Os medios convencionais de comunicación disimulan e tratan de ocultar o voso traballo, e incluso aqueles outros (Valminor.info) que pensabamos que eran máis respectuosos tamén se prestan á manipulación informativa, con titulares farragosos e mentendo polo medio do voso traballo a organizacións políticas que non pintan nada no asunto, iso si, cando EU manda a súa nota: titulares moi clariños e "olvido" do voso traballo.....Por iso eu denuncio digo isto aquí. A cada un o seu, porque é de xustiza.

    ResponderEliminar