segunda-feira, 17 de fevereiro de 2014

   O PP de Gondomar volve ás andadas, levan a corrupción no ADN



RECUPERACIÓN DOS PLANOS EXTRAVIADOS DO ANTIGO CATASTRO.
O cambiante mundo urbanístico de Gondomar, ou mellor dito, a ausencia prolongada de ferramentas válidas e xuridicamente seguras no que atinxe á ordenación territorial do noso Concello (PXOM), e sumando a esta circunstancia unha deficiente realización dos últimos traballos catastrais no noso municipio, e dado á necesidade que moit@s veci@s teñen de contar con planos catastrais fiables que lle sirvan tanto para localizar correctamente as súas propiedades coas características mínimas de superficies e morfoloxía das mesmas, como para saber da súa correcta clasificación, resulta que a día de hoxe o documento máis fiable e que máis se achega á realidade do parcelario de Gondomar, son os planos elaborados pola Dirección General del Instituto Geográfico y Catastral, o MAPA NACIONAL TOPOGRÁFICO PARCELARIO, realizado entre os anos corenta e principios dos sesenta.
Pois ben, este importante documento de innegable valor histórico, elevado á categoría de ferramenta imprescindible en Gondomar pola súa utilidade actual, e unha de cuxas copias orixinais está nos arquivos do Concello de Gondomar, supoñemos que por extravío fáltanlle varias follas que ata onde puidemos averiguar corresponden aos polígonos número: 6,7,8,9,10,11,34,35,46 e 47, co conseguinte prexuízo para aquelas persoas que precisan consultar este documento e para a propia Administración Local. Mesmo que aínda só fose polo valor histórico do mesmo, entendemos que debe procurarse completar a devandita documentación. Por todo isto propón ao Pleno a aprobación do seguinte:
A Corporación Municipal de Gondomar insta ao Sr. Alcalde, ao Concelleiro de Urbanismo e ao proprio Goberno Municipal, a solicitar de quen proceda: Xerencia Territorial do Catastro, antiga Xefatura Provincial de Catastro Topográfico Parcelario, Dirección General del Instituo Geográfico y Catastral, etc, copia dos planos antes mencionados que faltan do Arquivo Municipal.


APLICACIÓN DE DIRECTIVA EUROPEA SOBRE HIPOTECAS E DACIÓN EN PAGO.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

1.- O Parlamento Europeo e a Comisión Europea veñen de dar recentemente a súa aprobación final á Directiva da Unión Europea sobre contratos de crédito para bens inmobles de uso residencial.


A devandita directiva aplicaráse aos contratos de crédito garantidos por unha hipoteca ou por outra garantía comparable utilizada nun Estado membro, así como aos contratos cuxa finalidade sexa adquirir ou conservar dereitos de propiedade sobre terreos ou edificios. As novas regras adaptaránse aos distintos mercados hipotecarios dos Estados membros, aínda que a información ao consumidor terá que presentarse nun formato homoxéneo en toda a UE.

Entre as medidas que se acordaron están as relativas a :
  • un período obrigatorio de reflexión de sete días antes de asinar un contrato hipotecario, ou ben do mesmo período de sete días para retractarse trala sinatura, segundo o decida cada país.
  • demoras en relación cos desafiuzamentos coa esixencia de facilitar a dación en pago e evitando o sobre-endebedamento a longo prazo.
  • flexibilidade na amortización da débeda
  • medidas relativas aos préstamos irresponsables, de prohibición de condicionamentos dos préstamos e de garantías na taxación dos inmobles.

A UE da un prazo de dous anos para que os estados membros traspoñan a directiva á súa lexislación.

2.- A Directiva non supón, nin moito menos, unha solución definitiva á problemática existente dos desfiuzamentos nin ás desiguais condicións dun mercado hipotecario favorecedor das entidades financieiras e en manifesto prexuizo da cidadanía.
En calquera caso, sí supón un avance potencialmente significativo respecto da normativa vixente española, en especial respecto da dación en pago, dos procesos de desfiuzamento e das condicións e garantías dos préstamos hipotecarios. Avance que debe consolidarse e materializarse con ocasión da transposición efectiva da Directiva, modificando e, no seu caso, derrogando a normativa actualmente vixente na materia. É por todo isto que propoñemos para a súa aprobación o SEGUINTE:





O Pleno da Corporación Municipal de Gondomar insta ao Goberno da Xunta de Galicia e ao proprio Goberno do Estado a:
1.- Á inmediata transposición da Directiva europea sobre contratos de crédito para bens inmobles de uso residencial.
2.- En aplicación e desenvolvemento da mencionada Directiva, á modificación da lexislación hipotecaria e de regulación do mercado hipotecario, de enxuizamento civil, de subrogación e modificación de préstamos hipotecarios, coa finalidade de ampliar os supostos de dación en pago e de maiores garantías e defensa nos procesos de desafiuzamento, de limitación aos custos hipotecarios e, en xeral, de implantación de medidas efectivas de protección e defensa da cidadanía consumidora de ditos contrato de crédito.
3.- Dar traslado do presente acordo á Xunta de Galicia e á Mesa do Parlamento Galego; así como ao Goberno do Estado e a Mesa do Congreso dos Deputados.



MEDIDAS SOBRE INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN DE RECLAMACIÓNS SOBRE O IBI.

O pasado 21 de outubro de 2013, nun pleno extraordinario desta corporación municipal e por unanimidade, aprobábase o seguinte.
1º.- O Pleno da Corporación Municipal de Gondomar acorda solicitar da Dirección Xeral do Catastro a revisión catastral do Concello de Gondomar co obxecto de adaptalo á realidade urbanística actual derivada da anulación do PXOM no ano 2005 por sentenza firme do T.S..
2º.- Facultar ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Gondomar para realizar as xestións oportunas a respeito do punto anterior.
3º.- Comunica o presente acordo á Sub-Xerencia Territorial do Catastro en Vigo e ao ORAL, organismo autónomo dependente da Deputación Provincial encargado do cobro do IBI.
Sabemos que as devanditas xestións encomendadas ao Sr. Alcalde non foron realizadas precisamente con dilixencia, e se a maiores como tamén resulta evidente a tramitación do novo PXOM vai para largo, hai fundadas sospeitas de que a veciñanza siga tendo que pagar a contribución inxustamente durante moitos anos.
Pois ben, con semellantes antecedentes e para ser coherentes co aprobado por esta Corporación Municipal o pasado 21 de outubro, cómpre que por parte do Goberno Municipal se tomen medidas ao respecto para corrixir esta situación, polo que propoñemos ao Pleno a aprobación do seguinte:
O Goberno Municipal porá á disposición da veciñanza que así o solicite, e no departamento municipal que considere máis axeitado, toda a información necesaria para que cada veciñ@ poida facer as xestións oportunas a respecto das súas propiedades e da clasificación urbanística das mesmas: certificacións, planos de situación, etc, que precisen co obxecto de reclamar perante a Xerencia do Catastro para que proceda a modificar a situación catastral das mesmas adaptada á actual realidade urbanística de Gondomar. Todo isto na maior brevidade posible de tempo a un custe mínimo por tratarse dunha reclamación xusta así recoñecida por Corporacion Municipal.



EN DEFENSA DOS TRABALLADORES AUTÓNOMOS

Nun país coma o noso onde a súa espiña dorsal económica está formada por pequenas e medianas empresas, a maioría delas constituídas por traballadores autónomos, que ven como na actual situación de crise en lugar de facilidades ou axudas para que as súas empresas poidan evolucionar e adaptarse ás dificultades que día a día atopan nun entorno administrativo, lexislativo, económico, etc, tan cambiante, ven como os gobernos central e autonómico só lle ofrecen promesas que de pouco lles serven.

“Neste momento, os gobernos teñen que axudar aos emprendedores. Non os imos deixar sós porque son o motor que conduce de novo o país á prosperidade". Así fala o Presidente da Xunta, o Sr. Núñez Feijóo, mais os feitos desacreditan unha vez aos gobernantes do PP. O goberno do Sr. Rajoy vén de subir ás agachadas no pasado Nadal, a emprendedores e autónomos, os impostos e as cotizacións destes traballadores. Subas, que para o caso dos autónomos societarios ou administradores que tiveran contratados dez ou mais traballadores por conta allea en 2013 será do 22%, unha medida que vai influír negativamente na contratación e mesmo vai provocar, nalgúns casos, despedimentos, pois resulta complicado de máis manter o nivel de emprego cando xa se está vivindo ao límite

Pero as subas tamén se produciron na base mínima de cotización dos autónomos, que é a que pagan o 90% dos 215.000 profesionais deste tipo que hai en Galicia, nun incremento dun 2%. Pasaron de 858,60€ a 875,70 € en 2014. Máis de cinco euros por mes, uns 62€ máis ao ano. Pero por se isto non fose pouco, o Decreto Lei inclúe tamén como elementos cotizables algúns que non estaban na base de cotización, como os seguros médicos, plans de pensións, complementos de transporte ou axudas de comida, etc. volvendo a incrementar os custos para o colectivo dos autónomos. Prometeran dende o goberno a baixada das retencións no IRPF ao19% pero, a día de hoxe as retencións seguen no 21%.
 
Os módulos non varían respecto ao 2013, así como a redución do 5% sobre o rendemento neto de módulos acordada o ano pasado. Máis promesas, máis incumprimentos. A maiores tamén supón a fin dos aprazamentos de pago xa que Facenda non seguirá permitindo o aprazamento nos pagos do modelo 111 de retencións de traballadores e profesionais.

Aínda que o principal problema deste colectivo pasa pola falta de liquidez. As medidas adoptadas ao longo do 2013 como a redefinición das Pemes por parte do Banco de España, as apostas do BEI e do ICO, a nova Lei de Emprendedores, ou novo Criterio de Caixa, non conseguiron reverter a situación, sendo unha realidade a día de hoxe, que as Pemes do Estado Español seguen soportando o crédito máis caro de toda Europa.


Todo isto acontece cando a actividade está en marcha pero, cando por desgraza se ten que botar o peche os problemas non rematan para os traballadores autónomos. Os datos din que sete de cada dez autónomos que solicitan a prestación por desemprego debido a seu cese de actividade teñen dificultades para conseguilo. Segundo un informe presentado por ATA( asociación de traballadores autónomos), o 74,7% dos casos nos que se denegaron as prestacións, foi por non estaren ao corrente das cotas á Seguridade Social, outro 13% por non ter cuberto o período mínimo de cotización e o 2,3% por non acreditar correctamente o cese de actividade, causas que en moitos casos poderían ser resoltas se contaran con coñecementos para facer fronte a dura burocracia que os rodea, e que na práctica os condena a ser traballadores de segunda división.

Outra fronte aberta é a morosidade das administracións públicas e os prazos de pago aos autónomos que volveron a aumentar nos últimos meses. As administracións públicas deben aos autónomos 4.839 millóns de euros, e o prazo medio de pago sitúase en 151 días, segundo o Informe da Federación de Autónomos ATA. Prazos que demostran que desde as administracións públicas estase a incumprir sistematicamente a lei de morosidade que establece un período de 30 días para o pago de facturas aos provedores. No caso de Galiza, o período de atraso é inferior a cen días, concretamente 51, pero cómpre facer fincapé en que no noso País a demora débese principalmente ás deputacións e aos concellos, o que implica que os prexudicados son os veciños que teñen máis preto.

Outro dos proxectos estrela do Goberno Central foi a Lei de Emprendedores, e nela inclúese a creación da figura do autónomo de responsabilidade limitada. Con esta figura buscábase salvagardar dalgún xeito o patrimonio do autónomo en caso de fracaso empresarial, establecendo na lei que os autónomos non responderían das débedas derivadas da súa actividade empresarial coa súa vivenda habitual ata un límite de 300.000 euros pero, non contaron que a diferenza do que ocorre cós traballadores por conta allea, no que o salario mínimo é inembargable, no caso dos autónomos non sucede así, pois ademais de non contar con estes límite de inembargabilidade legal, a Administración adoita recorrer ao embargo de créditos e obrigar aos clientes dos autónomos a pagarlle antes a ela que ao propio autónomo, comprometendo os seus ingresos futuros e a viabilidade da empresa.

E por se isto non fose suficiente, o Ministerio de Fomento ven de elaborar un proxecto de modificación da actual regulación sobre as autorizacións de transporte de mercadorías, na que fala de axudar ao sector mentres introduce trabas como a que aparece sobre a transmisibilidade das autorizacións de transporte, onde especifica que o que pretenda acceder ao sector adquirindo a autorización de transporte dun transportista que abandone a actividade, deberá posuír polo menos tres vehículos, de tal maneira que se o transportista que lle transmite a súa autorización só tiña un vehículo, o adquirente que pretenda acceder ao sector deberá mercar outros dous vehículos que non superen os cinco meses de antigüidade.

Por todo o exposto solicitamos o apoio aos seguintes acordos:
1º.– Que se cumpran dende as administracións públicas (neste caso o Concello) os prazos de pagamento ás Pemes, concretamente aos autónomos, cumprindo a lei de morosidade.
2º.– Potenciar a formación para os traballadores autónomos dende o Concello co obxecto de posibilitar a súa adaptación ás novas necesidades do mercado e coñecer todas as ferramentas ao seu alcance para desenvolver a súa actividade con axilidade e eficacia, incluso para cando cesen na súa actividade, acceso ás axudas que lles poderían corresponder, etc.
3º.– Instar aos gobernos central e autonómico para que leven a cabo a rebaixa fiscal prometida que precisa este colectivo para que poida enfrontarse ás dificultades que lles impón a crise e as desvantaxes patentes que sofren fronte ás grandes empresas e multinacionais.
4º– Instar ás administracións do Estado e da Xunta para dispoñan as medidas lexislativas, económicas e de información oportunas, que faciliten o finanzamento a través de todos as canles das que dispoñen, incluído acceso á fondos europeos, para que os emprendedores poidan acceder ao mesmo.
5º.– Crear as condicións necesarias, conxuntamente con outras administracións locais ou supramunicipais, para a creación de viveiros de empresas, etc, que lle permitan aos emprendedores aprobeitar ao máximo os recursos dispoñíbeis, minimizando os custes que lles suporía a posta en marcha dos seus proxectos.






INDULTO PARA OS TRABALLADORES CARLOS E SERAFÍN 
 
CONDENADOS A 3 ANOS DE CÁRCERE POR PARTICIPAR NUN PIQUETE NA FOLGA DO TRANSPORTE DE 2008
 
 EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Conforme se agravan as políticas de recortes e agresión contra os dereitos das clases populares, asistimos tamén á reiterada criminalización da resposta social, singularmente da de carácter sindical. É tamén crecente a represión contra quen, no exercicio de dereitos fundamentais, se revolve para esixir pacífica e democraticamente un cambio de rumbo, para demandar a mellora das condicións de vida e de traballo para a maioría social ou para denunciar os abusos e inxustizas que a clase traballadora padecemos, e que a vixente crise está a recrudecer. 
 

No ano 2008, durante a negociación do Convenio Provincial de Transporte de Mercadorías da provincia de Pontevedra, os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocaron unha folga para reivindicar a mellora das súas condicións laborais. Durante a mesma algúns compañeiros foron identificados pola policía mentres actuaban como piquetes informativos e posteriormente denunciados. Cómpre lembrar que os piquetes son un instrumento lexítimo, que forma parte da historia do movemento obreiro e que en moitos casos permite liberar, coa forza da unión solidaria das nosa clase, aos traballadores e traballadoras das coaccións e ameazas coas que a patronal pretende impedir que exerzan o seu dereito á folga.

Froito desa denuncia realizáronse varios xuízos cuxo resultado foi absolvelos de calquera dano a todos os efectos (ademais ningún traballador nin empresa presentou cargos nin culpou a estes compañeiros). Porén, un xulgado de Vigo considerou que Serafín Rodríguez Martínez (CIG) e Carlos Rivas Martínez (UGT) eran culpables dun delito contra os dereitos dos traballadores (art. 315.3 do Código Penal) e condenounos á pena máxima posible por ese delito: 3 anos de prisión. 
 

Unha sentenza que parece desproporcionada e abusiva e que só pretende escarmentar, un aviso a navegantes, para debilitar a capacidade de resposta dos traballadores na súa loita pola mellora das condicións laborais. Mentres os verdadeiros delincuentes gozan da maior das impunidades e de todas as medidas de graza das altas esferas do poder, dous sindicalistas poden acabar en prisión. 
 

Esta sentenza foi recorrida e ratificada na Audiencia Provincial no 2011 e, finalmente, solicitouse o indulto para ambos compañeiros. O Goberno español, en decembro pasado, denegou o indulto; o mesmo goberno que non ten reparos en concederllo a corruptos e banqueiros, o que obriga a estes traballadores e aos sindicatos CIG e UGT a solicitar un recurso de casación e un último intento de concesión dun indulto. Carlos e Serafín poderían recibir en calquera momento a orde de ingreso en prisión. 
 

Por todo o anteriormente exposto solicitamos do Pleno da Corporación Municipal de Gondomar a aprobación do seguinte


ACORDO:

A Corporación Municipal de Gondomar solicita do Goberno español que conceda o indulto aos traballadores Carlos Rivas e Serafín Rodriguez.

quinta-feira, 12 de dezembro de 2013

Á MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), a iniciativa da súa deputada Consuelo Martínez García e a través do seu portavoz Xosé Manuel Beiras Torrado, ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno.

O Plan Galego de Coidados Paliativos aprobado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en 2006, no seu prólogo di:
“O sistema sanitario ten entre as súas funcións fundamentais non só curar, senón coidar e aliviar o sufrimento dos pacientes e a carga dos seus familiares.
Os coidados na fase terminal da vida, en concreto os coidados paliativos, supoñen un dereito para os cidadáns e un reto para o sistema sanitario.
Para englobar os obxectivos que nos marcamos partimos da mellor definición que os pode reflectir, a que ofrece a Organización Mundial da Saúde: “Os coidados paliativos afirman a vida e recoñecen a morte como un proceso natural, nin a aceleran, nin a pospoñen, proporcionando alivio para a dor e outros síntomas angustiosos, integran os aspectos psicolóxicos e espirituais do cidadán, ofrecen un sistema de soporte para axudar os pacientes a vivir tan dignamente como sexa posible ata que morran. Ofrecen un sistema de soporte á familia para facer fronte á enfermidade e á súa propia dor.

En Galicia cada día son máis as persoas que sofren patoloxías neoplásicas, crónicas e dexenerativas, sen posibilidade de resposta ao tratamento e cun prognóstico de vida curto. Debido a isto, o noso sistema sanitario debe ter como obxectivo aumentar a calidade de vida, sen alongar de forma artificial a supervivencia máis alá do cientificamente razoable, dando apoio emocional a familiares e amigos próximos e coidando e aliviando a dor das persoas enfermas. Por iso foi necesario elaborar este plan que tes nas túas mans, que debe servir de referente para todos os profesionais, organizacións e institucións implicadas no sector. Este marco de desenvolvemento plasmouse neste Plan Galego de Coidados Paliativos, que nace con vocación de universalidade, de equidade, de atención integrada e multidisciplinar e tendo como premisa o respecto á autonomía do paciente e á súa dignidade como ser humano”.
Pois ben, a día de hoxe o conxunto de cidadás e cidadáns adscritos ao hospital POVISA, entre outras comarcas a do Val Miñor e, polo tanto Gondomar, carecen do servizo HADO (hospitalización a domicilio) nunha clara discriminación con respecto ao ámbito CHUVI.

Como queira que neste momento a Xunta de Galicia está negociando co devandito hospital privado un novo concerto para a xestión da área sanitaria que ven atendendo dende hai anos, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda presenta a seguinte Proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1ª.- Garantir a toda a poboación adscrita a área POVISA (máis de 140.000 persoas), o servizo de HADO nas mesmas condicións que as persoas adscritas ao CHUVI.
2ª.- Obrigar de xeito inmediato a POVISA, a poñer en funcionamento o servizo de HADO en toda a área sanitaria que ten adxudicada por Concerto, eliminando a discriminación de acceso aos servizos médico-sanitarios que sofren milleiros de cidadáns e cidadás adscritos obrigatoriamente a este hospital privado por mor dun criterio territorial.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013.

Asdo.: Maria Consuelo Martínez García
Deputada do G.P. da AGE.
Xosé M. Beiras Torrado
Portavoz do G.P. da AGE.

sábado, 7 de dezembro de 2013


PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE GONDOMAR.

A CORPORACIÓN MUNICIPAL REXEITA POR UNANIMIDADE O CANON DE SOGAMA, E RECLAMA  POR UNANIMIDADE A IMPLANTACIÓN DO SERVIZO HADO (HOSPITALIZACIÓN A DOMICILIO) NA ÁREA SANITARIA POVISA E REXEITA TAMÉN POR UNANIMIDADE O COPAGO SANITARIO DOS MEDICAMENTOS DAS FARMACIAS HOSPITALARIAS.

Onte xoves  tivo lugar o pleno ordinario da Corporación Municipal de Gondomar correspondente ao mes de decembro. 

Tamén coma sempre, o goberno municipal fixo gala da súa “brillante xestión” traendo a pleno a aprobación definitiva da ordenanza que regula as actividades dos furanchos (aprobada só cos votos do goberno e a abstención da oposición); a modificación das tarifas do servizo da auga da traída municipal para o ano 2014 (aprobación inicial) e que unha vez máis suben “obedecendo” o que di a concesionaria; e como exemplo de eficacia trouxeron tamén POR URXENCIA a aprobación das axudas aos clubes de fútbol e á Agrupación Musical de Vincios, unha xestión que tiña que estar feita hai meses.

Na parte que nos corresponde á oposición, tamén coma sempre, fomos @s concelleir@s de ANOVA os levamos a iniciativa con asuntos de interese e de calado que lle afectan a toda a veciñanza.

E así, foron aprobadas por unanimidade as mocións relativas a solicitar do SERGAS e de POVISA que se implante sen demora o servizo de Hospitalización Domiciliaria na área sanitaria que xestiona POVISA e que neste momento atende a máis de 100.000 persoas (incluído todo o Val Miñor) que carecemos do mesmo, en clara discriminación coa área CHUVI. Un servizo básico de atención aos doentes terminais ou con patoloxías crónicas  dexenerativas, así como aos proprios familiares dos mesmos.

A segunda moción aprobada, tamén por unanimidade, ten que ver co rexeitamento do Canón que SOGAMA pretende impoñer de maneira unilateral aos concellos de Galiza polo tratamento dos RSU na súa planta de Cerceda. No caso de Gondomar este incremento andaría ao redor dos 70.000€ ao ano, que sumado ao elevado custe que xa pagamos por este servizo, sería altamente prexudicial para as arcas municipais e, obviamente para as economías  domésticas nas que sería repercutido nos tempos que corren.

A terceira moción aprobada por unanimidade ten que ver co copago sanitario dos fármacos nas farmacias hospitalarias que precisan aquelas persoas non hospitalizadas, e que ten que ver con enfermidades graves e crónicas: cancros, artrite, hepatite, esclerose múltiple, etc, no senso de solicitar a súa retirada e senón que se faga cargo do gasto o Concello a conta da partida de emerxencia social, por ser a maioría das persoas afectadas, pensionistas, parad@s de longa duración, etc.

Foi aprobada por unanimidade a moción de apoio e solidariedade ás mulleres en folga de fame da asociación Ve-la Luz da Coruña, e contra a violencia machista e por unha protección real para as mulleres vítimas desta lacra social.

En Gondomar, a 6 de decembro de 2014.



segunda-feira, 7 de outubro de 2013

UN NOVO ATENTADO CONTRA AS RIBEIRAS DO RÍO MIÑOR


O Goberno Municipal de Gondomar e o Goberno da Xunta por medio de Augas de Galicia (ámbalos dous do PP), semellan que andan á competencia a ver quen lle fai máis dano ao Río Miñor. E abofé que non han tardar moito en acabar con el senón llelo impedimos.

Sen entrar nos aterramentos ilegais que tanto dano fixeron e que son a causa principal dos asolgamentos que padecemos cada inverno, este verán Augas de Galicia iniciou as obras dun suposto Tanque de Tormentas que na práctica non é máis que un “pozo negro” descomunal para recoller as augas fecais de medio Gondomar e bombealas á depuradora de Donas. Como todo mundo sabe queren poñelo case no centro da Vila, a carón das vivendas, e ocupando un espazo público á beira do Río Miñor, e como o proprio proxecto indica ten un punto de saída para verter directamente ao río cando o “pozo negro” estea colapsado.

Seguindo coas desfeitas, no mes de xullo dende ANOVA denunciamos a existencia dun ante-proxecto de paseo fluvial duns 600 metros de lonxitude augas abaixo da Ponte de Mañufe, con asfaltado e faroles incluidos. Grazas á denuncia quedou en nada pero, agora volven ás andandas e augas arriba da devandita ponte ( a 20m.), e ás agachadas, acaban de facer dous treitos de paseo fluvial (aprox. 400m en total) que para asombro de propios e estraños foron construidos a base de entullos de obra moídos e sobre todo con restos de asfalto, resediduos moi contaminantes e que en ningunha parte do mundo civilizado se lle ocorrería semellante uso………….Menos en Gondomar, porque o respecto á Natureza e ao Medio Ambiente é algo que non está nos principios ético-políticos de quen nos goberna neste momento.

A maiores do perigo que isto sopón para a ecoloxía do Río Miñor, bastante deteriorada, a obra do devandito paseo é unha chapuza de dimensións considerables, pois trátase dun compactado dos devanditos entullos duns cuns 30cms de altura sobre a rasante natural do terreo o que fará que a primeira enchente leve todo por diante ou, mentres isto non ocorra os campos de cultivo quedarán encharcados sen poder desaugar e polo tanto inservibles para o cultivo.

Non cuestionamos a necesidade do paseo, ao contrario, incluso podemos admitir que está feito polo lugar correcto pero, debe ser construido con respecto: en xabre compactado e ras do chan e usando materias naturais, e dende logo respectano a vexetación autóctona da ribeira .
Por último, dicir que dende ANOVA pediremos explicacións por este asunto no vindeiro Pleno, a Augas de Galicia e se é necesario no Parlamento Galego ou mesmoacudir á Fiscalía. A responsabilidade destas obras ténse que saber. Quen as realiza, se teñen os permisos e os informes preceptivos do organismos de medio ambiente, etc. Ten que lle claro a quen corresponda, que non imos permitir que Gondomar se converta nun vertedoiro de entullos encuberto.

PARALIZACIÓN DAS MULTAS POLA PERCEPCIÓN DE PENSIÓNS DO EXTRANXEIRO AOS EMIGRANTES RETORNAD@S


O Goberno do Estado no seu afán recadatorio pola necesidade de recursos, unha vez máis recorre aos de sempre. Primeiro foi recortando en servizos e prestacións aos máis débiles, despois foron os funcionarios, o “repago” nos medicamentos e, ollo que xa anuncian rebaixas nas pensións……. E agora tócalle ás persoas retornadas da emigración que cobran unha pensión do extranxeiro, ou mesmo lle pode tocar aos mariñeiros embarcados en compañías extranxeiras ou tamén aos traballadores de compañías españolas que sairon ao extraxeiro a facer traballos para esas empresas. Unha vez máis quedan “a salvo” a Banca, as grandes fortunas e as SICAVS, os clubs de fútbol para os que non hai problemas de finanzamento, a Igrexa, os defraudadores que teñen os cartos en paradisos fiscais, os que cobran sobre-soldos en A ou en B, etc, etc, etc.
  
Milleiros de galeg@s (a cifra de afectad@s inicialmente pode pasar dos 50.000) que pasaron máis de media vida na emigración, ou traballando no extranxeiro e aforrando para axudar ás familias que deixaran atrás, e que grazas aos envíos dos seus aforros en divisas axudaron a “levantar o País”, o País de outros porque esas divisas nunca se investiron en Galiza para criar riqueza na NosaTerra. Pois ben, agora son novamente expoliados por un Estado que nunca fixo nada por eles, e porriba dálles o mesmo trato coma se fosen defraudadores fiscais pero sen dereito a amnistía ningunha.

Pódese dicir que estamos diante dunha nova estafa semellante á das Preferentes, por certo, moitas destas persoas volven a ser vítimas de novo. A diferenza está en que neste caso é a propia Facenda Pública e o Goberno do Estado quen promove directamente este engano. Non ten outro cualificativo xa que a moitas destas persoas foi a propria Axencia Tributaria quen lle informou que as súas pensións do extranxeiro estaban libres de retencións ou tributacións no IRPF. Por non falar da discriminación existente con respecto aos pensionistas do Estado, pois mentres estes teñen a barreira en 22.000€, os emigrantes téñena en 11.200€ por considerar Facenda que teñen dous pagadores. Que pasou cos convenios bilaterais con países como Alemaña que deixarían exentos de pago aos emigrantes no país xermano?.

Agora de súpeto a Axencia Tributaria, non só lles esixe o pago atrasado dunha débeda que descoñecian, senón que ademais sanciónaselles de xeito improcedente xa que non existe principio de culpabilidade. Os requirimentos de pago das devanditas débedas e sancións, incluso con ameazas de embargo xa están chegando, e nalgúns casos estamos a falar de ter que pagar 20.000€ en 15 días.

Resulta evidente que Gondomar non é un concello alleo a esta problemática, non hai máis que botarlle unha ollada ao CERA para ter unha idea da importancia que a emigración tivo, e aínda ten, para o noso Concello. Quen non ten un familiar, un amigo ou un veciño fóra de Galiza? …..E segue emigrando xente moza ao estranxeiro.

Por todo isto, proponse ao Pleno a aprobación da seguinte proposta:

A Corporación Municipal de Gondomar acorda dirixirse ao Goberno do Estado e aos resposables da Facenda Pública; ao Goberno Galego; á Mesa do Congreso dos Deputados e á Mesa do Parlamento Galego, para solicitarlles que paralicen canto antes este abuso contra os nosos emigrantes, e para que habiliten as fórmulas legais máis acaidas para resolver definitivamente esta situación, con xustiza e co respecto debido que as persoas emigradas merecen.

quarta-feira, 2 de outubro de 2013

Moción paralización venda de NCG Banco

José María Castellano, Presidente Executivo de NCG BANCO, S.A., vetado en INDITEX por deslealdade co seu antigo xefe Amancio Ortega, non está lexitimado para seguir dirixindo os destinos de NCG BANCO por ser o impulsor dunha folla de ruta encamiñada a poñer a este Banco nas mans dun fondo de investimento americano (Guggenheim Investment, segundo noticias dos xornais) que sabemos ten a  sede oficial na 57 Avenida de Nova Iorke. Tamén sabemos que os investimentos no extranxeiro deste fondo non están garantidos polo Goberno de Estados Unidos e que algúns dos seus executivos proceden da desaparecida Goldman Sachs.
Polo tanto temos dereito a pensar que algún dos condicionantes da posible venda sexa a permanencia do actual equipo de Dirección do Banco.
Bruxelas, no seu  Memorandum de Entendemento (MOU) fixa de prazo ata 2017 para o saneamento de NCG BCO e para a devolución de cerca de 9.000 millóns de euros recibidos para sacar a flote este Banco.
Nestes momentos o Bco de Santander, BBVA e Caixabank están facendo o “paripé” para simular un interese que non teñen na compra deste Banco.  Os tres Bancos están soportando políticas de adelgazamento dos seus balances, seguen despedindo empregados e suprimindo sucursais. Os tres Bancos manteñen a súa política de estrangulamento de particulares, autónomos e pequenas empresas impedindo o seu acceso ao crédito, non hai máis que preguntárllelo ás Asociacións de Comerciantes e da Pequena Empresa se atopan nestes momentos o apoio financeiro que precisan.

Os Sres. Castellano e Feijoo están vendendo a idea de que NCG BANCO está saneado o que pode atraer novos investidores capaces de recomprar ao FROB a súa participación.

O Sr. Feijoo non pode presentarse a unha reelección despois de axudar a deslocalizar a sede social de NCG BANCO e por iso prefire un Fondo de Investimento americano non sometido ás normas do Banco Central Europeo.
Alberto Núñez Feijoo foi quen colocou ao Sr. Castellano na Presidencia de NCG BANCO e agora non pode defraudalo.
O Sr. Castellano presentouse como solución a todos os problemas cargado de promesas de atraer pola súa cara bonita unha chea de millóns en pouco tempo.
Eso sí, faltoulle tempo para enganar, con balances falseados, a 17 empresas de capital galego que hoxe reclaman por vía xudicial o diñeiro investido.
Era o ano 2010 e os “amigos investidores americanos” non aparecían por ningún lado. Por que non aparecían? Porque querían garantías.
E esa foi a tarefa dos Sres. Castellano e Feijoo: mandar á rúa a milleiros de traballador@s, pechar sucursais non rendibles que en moitos casos cumprían un papel fundamental como elementos de fixación dunha poboación dispersa, sobre todo no rural galego.
Puxeron en marcha un proceso de Arbitraxe para a devolución de Preferentes e Subordinadas totalmente opaco que intentaba diminuir o problema social causado pola venda de produtos tóxicos intentando así desmobilizar a 80.000 clientes estafados por toda a xeografía galega que, por certo, tiveron e teñen un comportamento exemplar durante todo este tempo reivindicando os seus dereitos. Este proceso de Arbitraxe debe someterse a unha auditoría con presencia de representantes do Parlamento Galego para que non queden dúbidas sobre a limpeza das decisión tomadas en presencia do Instituto Galego de Consumo.

Os Sres Feijoo e Castellano pensaban que o proceso de “canxe ou quita” ía parar a marea de protestas e equivocáronse.
A mayoría dos xuíices, coñecedores das malas prácticas utilizadas no deseño e venda destes produtos emiten unha e outra vez sentenzas a favor dos clientes. Tanto a CNMV como o Banco de España e o FROB son coñecedores neste momento de que tanto Caixa Galicia como

Caixanova, coa colaboración de IBERCLEAR, sociedade depositaria da Central de Valores Española, non reflectiron, desde o inicio da comercialización dos produtos tóxicos, os seus valores reais de mercado o que supón que moitas Declaracións de Patrimonio e outros Impostos (Sucesións, Donacións, etc) tributaron no seu día en base a cantidades que non reflectían os seus valores reais a finais de cada exercicio fiscal.
Saneado o Banco a conta dos contribuintes existe liquidez para devolver o diñeiro estafado. Pero hai un problema: as condenas en costas supoñen un gasto excesivo.
É no mes de Agosto cando o Sr. Feijoo, o Sr Castellano e o Poder Xudicial pactan unha ampliación da arbitraxe á galega. Inventan un novo sistema no que poidan resolver unhas ducias de casos mediante un proceso de conciliación xudicial que evite o pago das costas dos xuizos. Un novo intento de reducir a presión social sen resolver o problema. Unha solución de “trileros” para non dar o brazo a torcer e escaquear a devolución do 100% do diñeiro expropiado. Diante de Bruxelas non é unha continuación da arbitraxe, é un amaño de mal pagador. Por certo este “bombazo informativo” segue despois dun mes do seu anuncio sen concretarse nun protocolo por escrito que sexa coñecido por todos.
A maquinaria de Marketing está en marcha:
NCG BANCO declara un beneficio de 21,2 millóns de euros no primeiro trimestre.
NCG BANCO obtén  67 millóns de beneficios, antes de impostos, no primeiro semestre.
En Setembro elímínase a “clausula suelo”
Véndese EVO BANCO, unha marca comercial creada só para captar fondos, a un Fondo de Investimento americano: a súa primeira medida é reducir o salario aos seus empregados.

Operación venda:
Quen é o Fondo Guggenheim?
Este fondo agrupa a outros fondos: AC FLOWERS, ANCHORAGE, ELLIOT, WL ROSS, GUGGENHEIM INVESTMENT, etc. E só sabemos que ten a sede oficial na 57 Avenida de Nova Iorke e que no seu equipo de Dirección conta con antigos executivos da desaparecida Goldman Sachs como saben un dos emporios financeiros, xunto a Lechman Brothers,  provocadores da actual crise financeira mundial.

Por que hai que vender NCG BANCO agora e non BANKIA?
Un Banco declarado sistémico é un Banco que non debe desaparecer por motivo ningún e que hai que protexer.
A declaración de “BANCO SISTEMICO” é competencia  do Consello de Estabilidade Financeira (FSB- Financial Stability Board) con sede en Basilea (SUIZA). Dentro do Estado soamente BBVA e Banco de Santander están incluidos nesa clasificación a nivel mundial. Intereses político-financeiros están declarando extraoficialmente a BANKIA como Banco Sistémico.
O Ministerio de Economía e Competitividade, o Banco de España e o FROB, poden sumar, se queren, a NCG BANCO como Banco sistémico. Galicia non pode quedar sen un Banco que conta cunha cota de mercado de cerca dun 50%.

Por todo o exposto proponse ao Pleno a adopción do seguinte acordo :
Dirixirse por escrito ao Sr. Presidente da Xunta de Galicia nos seguintes termos:

1.       Solicitar facilite aos representantes no Parlamento Galego o caderno de vendas que fixa o valor de NCG BANCO no momento actual e que concreta os créditos fiscais da operación.
2.       Solicitar ao FROB a PARALIZACION DA VENDA DE NCG BANCO mentras non se devolva o 100% do diñeiro expropiado aos aforradores que contrataron Participacións Preferentes e Obrigas subordinadas.
3.       Solicitar que o FROB manteña o horizonte de 2017 requerido por Bruxelas para o saneamento total do Banco.
4.       Iniciar o estudo da conversión de NCG BANCO nun BANCO PÚBLICO GALEGO como única alternativa para que o financiamento chegue a particulares, empresas ou Concellos e para que se recupere a Obra Social tanto en investimentos referidos á economía produtiva como ao apoio á cultura, sanidade ou ensino.
5.       Ordenar unha Auditoría de todo o proceso de Arbitraxe, con presencia de representantes das forzas políticas representadas no Parlamento Galego.

ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA apoia a caravana contra o vial de Nigrán

Exposición de motivos:

José María Castellano, Presidente Executivo de NCG BANCO, S.A., vetado en INDITEX por deslealdade co seu antigo xefe Amancio Ortega, non está lexitimado para seguir dirixindo os destinos de NCG BANCO por ser o impulsor dunha folla de ruta encamiñada a poñer a este Banco nas mans dun fondo de investimento americano (Guggenheim Investment, segundo noticias dos xornais) que sabemos ten a  sede oficial na 57 Avenida de Nova Iorke. Tamén sabemos que os investimentos no extranxeiro deste fondo non están garantidos polo Goberno de Estados Unidos e que algúns dos seus executivos proceden da desaparecida Goldman Sachs.
Polo tanto temos dereito a pensar que algún dos condicionantes da posible venda sexa a permanencia do actual equipo de Dirección do Banco.
Bruxelas, no seu  Memorandum de Entendemento (MOU) fixa de prazo ata 2017 para o saneamento de NCG BCO e para a devolución de cerca de 9.000 millóns de euros recibidos para sacar a flote este Banco.
Nestes momentos o Bco de Santander, BBVA e Caixabank están facendo o “paripé” para simular un interese que non teñen na compra deste Banco.  Os tres Bancos están soportando políticas de adelgazamento dos seus balances, seguen despedindo empregados e suprimindo sucursais. Os tres Bancos manteñen a súa política de estrangulamento de particulares, autónomos e pequenas empresas impedindo o seu acceso ao crédito, non hai máis que preguntárllelo ás Asociacións de Comerciantes e da Pequena Empresa se atopan nestes momentos o apoio financeiro que precisan.

Os Sres. Castellano e Feijoo están vendendo a idea de que NCG BANCO está saneado o que pode atraer novos investidores capaces de recomprar ao FROB a súa participación.

O Sr. Feijoo non pode presentarse a unha reelección despois de axudar a deslocalizar a sede social de NCG BANCO e por iso prefire un Fondo de Investimento americano non sometido ás normas do Banco Central Europeo.
Alberto Núñez Feijoo foi quen colocou ao Sr. Castellano na Presidencia de NCG BANCO e agora non pode defraudalo.
O Sr. Castellano presentouse como solución a todos os problemas cargado de promesas de atraer pola súa cara bonita unha chea de millóns en pouco tempo.
Eso sí, faltoulle tempo para enganar, con balances falseados, a 17 empresas de capital galego que hoxe reclaman por vía xudicial o diñeiro investido.
Era o ano 2010 e os “amigos investidores americanos” non aparecían por ningún lado. Por que non aparecían? Porque querían garantías.
E esa foi a tarefa dos Sres. Castellano e Feijoo: mandar á rúa a milleiros de traballador@s, pechar sucursais non rendibles que en moitos casos cumprían un papel fundamental como elementos de fixación dunha poboación dispersa, sobre todo no rural galego.
Puxeron en marcha un proceso de Arbitraxe para a devolución de Preferentes e Subordinadas totalmente opaco que intentaba diminuir o problema social causado pola venda de produtos tóxicos intentando así desmobilizar a 80.000 clientes estafados por toda a xeografía galega que, por certo, tiveron e teñen un comportamento exemplar durante todo este tempo reivindicando os seus dereitos. Este proceso de Arbitraxe debe someterse a unha auditoría con presencia de representantes do Parlamento Galego para que non queden dúbidas sobre a limpeza das decisión tomadas en presencia do Instituto Galego de Consumo.

Os Sres Feijoo e Castellano pensaban que o proceso de “canxe ou quita” ía parar a marea de protestas e equivocáronse.
A mayoría dos xuíices, coñecedores das malas prácticas utilizadas no deseño e venda destes produtos emiten unha e outra vez sentenzas a favor dos clientes. Tanto a CNMV como o Banco de España e o FROB son coñecedores neste momento de que tanto Caixa Galicia como

Caixanova, coa colaboración de IBERCLEAR, sociedade depositaria da Central de Valores Española, non reflectiron, desde o inicio da comercialización dos produtos tóxicos, os seus valores reais de mercado o que supón que moitas Declaracións de Patrimonio e outros Impostos (Sucesións, Donacións, etc) tributaron no seu día en base a cantidades que non reflectían os seus valores reais a finais de cada exercicio fiscal.
Saneado o Banco a conta dos contribuintes existe liquidez para devolver o diñeiro estafado. Pero hai un problema: as condenas en costas supoñen un gasto excesivo.
É no mes de Agosto cando o Sr. Feijoo, o Sr Castellano e o Poder Xudicial pactan unha ampliación da arbitraxe á galega. Inventan un novo sistema no que poidan resolver unhas ducias de casos mediante un proceso de conciliación xudicial que evite o pago das costas dos xuizos. Un novo intento de reducir a presión social sen resolver o problema. Unha solución de “trileros” para non dar o brazo a torcer e escaquear a devolución do 100% do diñeiro expropiado. Diante de Bruxelas non é unha continuación da arbitraxe, é un amaño de mal pagador. Por certo este “bombazo informativo” segue despois dun mes do seu anuncio sen concretarse nun protocolo por escrito que sexa coñecido por todos.
A maquinaria de Marketing está en marcha:
NCG BANCO declara un beneficio de 21,2 millóns de euros no primeiro trimestre.
NCG BANCO obtén  67 millóns de beneficios, antes de impostos, no primeiro semestre.
En Setembro elímínase a “clausula suelo”
Véndese EVO BANCO, unha marca comercial creada só para captar fondos, a un Fondo de Investimento americano: a súa primeira medida é reducir o salario aos seus empregados.

Operación venda:
Quen é o Fondo Guggenheim?
Este fondo agrupa a outros fondos: AC FLOWERS, ANCHORAGE, ELLIOT, WL ROSS, GUGGENHEIM INVESTMENT, etc. E só sabemos que ten a sede oficial na 57 Avenida de Nova Iorke e que no seu equipo de Dirección conta con antigos executivos da desaparecida Goldman Sachs como saben un dos emporios financeiros, xunto a Lechman Brothers,  provocadores da actual crise financeira mundial.

Por que hai que vender NCG BANCO agora e non BANKIA?
Un Banco declarado sistémico é un Banco que non debe desaparecer por motivo ningún e que hai que protexer.
A declaración de “BANCO SISTEMICO” é competencia  do Consello de Estabilidade Financeira (FSB- Financial Stability Board) con sede en Basilea (SUIZA). Dentro do Estado soamente BBVA e Banco de Santander están incluidos nesa clasificación a nivel mundial. Intereses político-financeiros están declarando extraoficialmente a BANKIA como Banco Sistémico.
O Ministerio de Economía e Competitividade, o Banco de España e o FROB, poden sumar, se queren, a NCG BANCO como Banco sistémico. Galicia non pode quedar sen un Banco que conta cunha cota de mercado de cerca dun 50%.

Por todo o exposto proponse ao Pleno a adopción do seguinte acordo :
Dirixirse por escrito ao Sr. Presidente da Xunta de Galicia nos seguintes termos:

1.       Solicitar facilite aos representantes no Parlamento Galego o caderno de vendas que fixa o valor de NCG BANCO no momento actual e que concreta os créditos fiscais da operación.
2.       Solicitar ao FROB a PARALIZACION DA VENDA DE NCG BANCO mentras non se devolva o 100% do diñeiro expropiado aos aforradores que contrataron Participacións Preferentes e Obrigas subordinadas.
3.       Solicitar que o FROB manteña o horizonte de 2017 requerido por Bruxelas para o saneamento total do Banco.
4.       Iniciar o estudo da conversión de NCG BANCO nun BANCO PÚBLICO GALEGO como única alternativa para que o financiamento chegue a particulares, empresas ou Concellos e para que se recupere a Obra Social tanto en investimentos referidos á economía produtiva como ao apoio á cultura, sanidade ou ensino.
5.       Ordenar unha Auditoría de todo o proceso de Arbitraxe, con presencia de representantes das forzas políticas representadas no Parlamento Galego.

sábado, 14 de setembro de 2013

Anova proponlles ás forzas nacionalistas e de esquerdas unha fronte ampla para a ruptura democrática nas eleccións europeas

A Coordinadora Nacional de Anova, reunida en Teo o 14 de setembro de 2013, acorda pular por unha fórmula de fronte ampla non excluínte para as eleccións europeas.
As vindeiras eleccións europeas poderiamos abordalas como unhas eleccións máis para representar a Galiza no Parlamento Europeo, mais Anova debe apostar por convertelas nun plebiscito do réxime ou, polo menos, nun ensaio xeral da creba democrática.
Por iso, Anova acorda:
1. Facer un chamamento a todas as forzas políticas galegas nacionalistas e da esquerda rupturista, aos movementos cívicos, para dialogar e conformar un acordo de unidade de acción electoral para as eleccións europeas baixo a fórmula dunha fronte ampla non excluínte.
2. Facer un chamamento ás organización políticas, e tamén ás plataformas e organizacións cívicas das outras nacións, para que baixo o principio do máximo respecto á autoorganización de cada unha delas, constitúan o seu suxeito político plural disposto a partillar connosco nunha coalición electoral que teña como propósito común a loita pola fin do réxime, a ruptura democrática e a democracia real.
 Xosé Manuel Beiras, portavoz nacional de Anova, fixo a proposta de frente ampla para as eleccións europeas, unha alianza de todas as forzas rupturistas a nivel do Estado con dous eixos: o dereito de autodeterminación das nacións e a creba do réxime da segunda restauración borbónica.
Cómpren novas alternativas políticas, unha nova ferramenta dos e das nacionalistas galegas para intervir e incidir no proceso de fin de réxime cara a un novo ciclo político propiciado polo activismo da cidadanía. Isto é algo polo que en ANOVA andamos a traballar. Hai un ano fixemos unha proposta para este tipo de Fronte Ampla non excluínte, que para ese momento e instancia específica foi AGE.
A crise económica derivada da crise financeira e agravada pola xestión que daquela está a facer a plutocracia e os seus monecos; a crise da UE secuestrada por institucións "tecnocráticas"; a posibilidade da fin da segunda restauración borbónica pola crise do réxime nacido da transición, e os efectos que todo iso ten nas institucións autonómicas cada volta máis inservíbeis para a cidadanía galega, reclaman que traballemos combinadamente en todos eses ámbitos.
A aposta do nacionalismo, da esquerda e de calquera demócrata ten que ser por unha creba democrática coa segunda restauración borbónica, nun proceso protagonizado pola cidadanía e trasladado á instancia política polas forzas rupturistas que realmente conecten con esa cidadanía.
Na nación galega, un proceso constituínte impulsado polos cidadáns e cidadás galegas, pobo soberano, e trasladado á instancia política polo nacionalismo e por aquelas forzas que, sen seren nacionalistas, respecten o noso dereito á autodeterminación e o practiquen.
No noso país, para a conformación do suxeito político plural, ANOVA propón de novo a unidade de acción do nacionalismo e da esquerda baixo a fórmula da fronte ampla non excluínte co obxectivo de rematar coa segunda restauración e abrir paso a un proceso constituínte galego no que a soberanía nacional se exerza polo pobo, soberanía popular.
No estado. Hai que conxugar nese escenario un proceso aberto para as catro nacións (Galiza, Euskalerria, os Paisos Cataláns e España en sentido estricto).
Precisamos alianzas coas forzas cívicas e sociais, hai que conectar coa cidadanía e propiciar unha alianza coas forzas políticas rupturistas, para provocar un proceso constituínte (catro en puridade) que pasaría por unhas eleccións non ordinarias senón por unhas de fin de réxime.
A coincidencia das crises do réxime, da autonomía galega e económica abre a posibilidade dunha grande fronte ampla non excluínte pola ruptura democrática, conformada a partir  de suxeitos cívico-políticos plurais nas nacións que forman o Estado español, coa única condición de que a fin do réxime político dea paso a procesos constituíntes soberanos en cada unha delas.
As próximas eleccións europeas poderiamos abordalas como unhas eleccións máis para representar a Galiza no Parlamento Europeo, mais ANOVA debe apostar por convertelas nun plebiscito do réxime ou ao menos nun ensaio xeral dunha eleccións para a ruptura democrática.

sexta-feira, 6 de setembro de 2013

Sobre os incendios forestais

1
Galiza ten o 7,7 % da superficie forestal do Estado e ocorren o 45% dos incendios. O factor diferencial evidentemente non é o número de incendiarios. Ten causas estruturais evidentes como afirman todos os expertos. Ausencia de ordenación do territorio, desertización do rural, aposta por un modelo baseado na trituración de madeira de baixa calidade, baixo valor e por tanto baixa rendibilidade do monte, etc.

2
O PP que gobernou 27 de 32 anos de autonomía, é o principal responsable da situación do rural e do monte galego. A ausencia de políticas de viabilización do rural do PP son as principais causantes da lacra do lume.

No 1992 apróbase un Plan contra incendios, consensuado por todas as forzas do Parlamento, para desenvolver unha política integral do monte que tivera en conta todos os obxectivos antes expostos para mudar as condicións estruturais que causaban os lumes e que impedían a explotación rendíbel do monte.

A consecución destes obxectivos debería de ser que cada vez se gastase menos en extinción e máis en prevención. Pois ben, sucede ao contrario: a única política do PP é a extinción, a manipulación, e a mentira. O único argumento é que a culpa é dos incendiarios, tratando de desviar a atención da súa ineptitude. ”Cómo si un ministro de Interior lle bota a culpa do aumento da delincuencia aos delincuentes”.

3
 Aínda así, e a pesar de que todos os anos se gastan unha media de 90-100 millóns de euros en loita contra incendios, o operativo é cada vez menos profesional, menos eficiente, menos coordinados, e voltamos ao sistema caciquil de contratación nos concellos.

Ate 11 entidades/organismos/empresas diferentes poden actuar nun lume. Seaga,funcionarios Xunta, Tragsa, brigadas municipais, UME, Protección civil, bombeiros públicos, privados, etc...Éste ano non se realizaron practicamente traballos de prevención xa que os que o tiñan que facer foron contratados na súa maioría en Agosto.

Feijoo, Rosa Quintana, son uns sinvergoñas (saben que o que din é mentira), mentireiros (trucan os datos) e manipuladores (queren por o foco só en quen prende o lume) cando fan eses discursos triunfalistas. Non asumen a súa responsabilidade nos lumes, cando estando na oposición tiveron un comportamento “canalla” na utilización dos lumes como arma partidaria ( lembremos a famosa foto da mangueira).

4
ANOVA manifesta que so cun cambio profundo nas políticas do rural terá solución a lacra dos lumes. Revitalizar o rural evitando a desertización, ordenar o territorio, encamiñar o modelo cara un monte cunha funcionalidade múltiple, e cara a explotación de madeira de alto valor engadido. Se o monte deixa de ser un problema para ser percibido pola poboación do rural como unha oportunidade, mellorará substancialmente a situación (as zonas onde o monte é rendíbel arden menos ou non arden).

Incrementar o esforzo en prevención (un exemplo do que non se debe de facer é retirar as subvencións ás razas autóctonas que serven para pastorear no monte) e promover a educación ambiental na poboación e camiñar cara un modelo de extinción profisionalizado e simplificado, evitando a multiplicidade de entes.

Galiza 2 de setembro de 2013

quarta-feira, 31 de julho de 2013

Construen un asador ilegal no atrio de San Roque-Morgadáns

    A maiores da ilegalidade da obra: sen autorizacións de Patrimonio ou licenza municiapal,  da ausencia de proxecto, sen concurso público para a súa adxudicación, etc, etc, Nos tempos que corren os cartos públicos (QUE SON DE TOD@S) deben ser administrados con rigor e priorinzando o seu gasto. Que neste momento ten que estar centrado na emerxencia social e non en festas ou cuestións relacionadas coas mesmas.

     O modus operandi deste latrocinio leva a marca da casa PP. O de menos é a escala ou as cantidades .....ou quen sexa o seu autor, chámese Bárcenas, sexan 42 millóns de euros ou 30 mil, ou que a trapallada se faga dende a R/Génova ou dende Morgadásn. Con estas cousas tolerancia cero.

quarta-feira, 5 de junho de 2013

Goberno Municipal de Gondomar: Dous anos perdidos!

O pasado 22 de maio cumpríronse dous anos do actual mandato municipal. Un tempo de cortesía abondo polo que agora cómpre facer a valoración pública do actual goberno local. Comezaremos por definir a coalición de goberno formada polo PP-CDL. Trátase dunha unión temporal de intereses entre as diferentes familias do PP á que agora hai que lle sumar unha nova peza: o disidente Eladio Costas. Entre eles sempre se entenden e o demais son foguetes de artificio para despistar. Pois ben, a nosa valoración non vai ser diferente á que fai a cidadanía na rúa: desgoberno, desleixo, cobro de dedicacións exclusivas e nula xestión municipal.

Se temos en conta que os orzamentos son a ferramenta básica de calquera goberno e a expresión cifrada das súas intencións e obxectivos, e como no caso de Gondomar levamos cos orzamentos de 2011 prorrogados, temos que concluir que os obxectivos do actual goberno municipal para mellorar as condicións de vida da veciñanza son nulos. Co agravante de que a concelleira de economía e facenda cobra unha xenerosa dedicación exclusiva por non facer o seu traballo en tempo e forma. A maiores temos gastos e contratos sen control, a Conta Xeral sen aprobar e como consecuencia a perda de máis de un millón de euros en subvecións nestes dous anos, a suba sen medida do IBI, etc, etc.

No urbanismo a paralise é evidente. Nesta área tamén hai concelleiro con dedicación exclusiva e mentres, no canto de dar licenzas, revisan as concedidas para seren anuladas. Os núcleos do ano 1991 “revividos” e que seica ían ser a panacea, non resolveron nada como era evidente. Do novo PXOM o único que sabemos é que o goberno municipal non quere o consenso con ningúen, e menos escoitar ás organización veciñais e sociais de Gondomar. A día de hoxe o novo PXOM xa leva nove anos de paralise dende a anulación do de 1997 polo T.S. en 2005. E todo polo uso partidario e electoralista que o PP fixo sempre deste documento imprescindible para a ordenación do territorio muncipal.

Na concellaría de obras, máis do mesmo. Como non hai cartos nin capacidade política para xestionar recursos noutras administración, dedícanse ao “menudeo” que ten máis que ver co clientelismo que cunha programación sistematizada de melloras nas infraestrutras. Coma mostra un botón: faltoulles facer repinicar as campás porque o Goberno Muncipal deu arranxado 80 pozos de rexistro de sumidoiros. Inaúdito, o mantemento diario elevado á categoría de grandes obras.

Ca concellaría de medio ambiente, GESECO segue mandando na recollida de RSU e o Concello pagando relixiosamente os sobrecustes que a concesionaria quere. Sen melloras no servizo e porriba coa concesión que tiña que estar rematada hai tres anos. Iso si, malia estar sen regularizar o servizo, o PP aprobou cobrar o recibo do lixo.

En resumo, Gondomar ten un goberno municipal e un alcalde incapaces de dialogar coa sociedade á quen se debe. De planificar o futuro do noso Concello, aínda que sexa para estarnos preparad@s cando a situación mellore ou, de xestionar diante das diferentes Administracións (por certo, todas do PP) para rematar obras e proxectos que outros puxemos en marcha con moito esforzo: a urbanización e ordenación do Polígono Industrial da Pasaxe, a construcción do Paseo Fluvial pola beira do R. Miñor, ou novo Centro de Saude.

Nada disto lle importa ao PP de Gondomar encerellado nas súas leas internas mentres @s contribuintes mantemos un goberno municipal ineficaz e onde cobran SEIS de NOVE. U-lo a promesa de xestión empresarial que prometerá o Sr. Alcalde cando a súa toma de posesión?. De ser isto posible a día de hoxe estarían todos ele@s despedidos ou, como mínimo cun ERE de extinción en tramitación.